atlas de chaguán:

O xoves, 27 de setembro, presentamos o Atlas de Chaguán (editado nos Q de Vian Cadernos, do colectivo A Porta Verde)

Será ás 20:00, en Lila de Lilith

Estarán no acto: Teresa Moure, Andrea Nunes Brións e unha servidora.

Será un pracer que nos acompañedes.

Un saúdo

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en atlas de chaguán:

CHGUÁN: UN ATLAS DO DESASTRE

 

un lonxano chíar de carros. ningunha voz. nin sequera unha que poida ilustrarnos. iso é chaguán: factoría emerxente: bienes inmuebles: cirurxía estética: señoritas con bolso: caballeras.

mais j’ai pas un sous. je devenus misérable. teño un tormento privado de TRINTA MIL DÓLARES.

 

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en CHGUÁN: UN ATLAS DO DESASTRE

CHAGUÁN: UN ATLAS DO DESASTRE

Unha revolución animal-si señora.Des vaches regroupées sur l’herbe-surveillant le monstre. Todo un organigrama de rumiantes listas para encambonarlle os cornos.A besta humana enganchou o sono mil anos seguidos. E naide dixo ren.

(Sim-querido. Eu sonhei. E amei.
Olhei pró ceu gris. Vi parasitas florescer…)

Martinha do Eixo. Parasitas no
inverno

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en CHAGUÁN: UN ATLAS DO DESASTRE

A morte primeira (Chaguán: un atlas do desastre)

Nena apache, fotografíada por Edward S. CURTIS EN 1906

 

Y bien-Amigas De La Tierra-de todas mis muertes-la peor fue la primera:
sorprendeume pola distensión muscular no meu corpo infantil e emerxente. Tamén
polo inesperado. Como imaxinar un deceso despois dun roce de linguas envolto en
sal de mar e rochas branquísimas?

Pero has muerto-me dijeron las flores. Entonces me fui: je suis
sortie du nombril comme un minuscule indien à cheval menant tout son monde avec lui
: la fillette aux pieds rouges-l’enfant morte. Une enfant de mille ans:
la belle vieille vivante: o corazón milenario. Crocante

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en A morte primeira (Chaguán: un atlas do desastre)

CHAGUÁN: UN ATLAS DO DESASTRE

*** Un porto sen barcos. Industria e metal. Cousas importantes. Dioses alimentándose de muertos. Grandes mortos. Mortos peninsulares. Voces crebadas á beira do aparato.

Só ficou un amor pequeno e miserábel nas potas fedorentas daquel loft labrego tan exótico: casas ao pé do gando.

Tira la pasta y corre: run Baby run-berraches medio azul. Mentres-DOUS MIL DÓLARES POR CABEZA en facturas caen incensantemente. Une terrible chute d’eau en metal. Clin e clan. Clinclán.

Levaron por diante a casa as fábricas os montes as fervenzas. COMÉRONNOS.

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en CHAGUÁN: UN ATLAS DO DESASTRE

UN SAÚDO

 

 

Valdeorosa xa está en blogaliza. Así é que, antes de pendurar un texto, desexo envíar un saúdo e o meu agradecemento ás persoas que me botaron unha man para facer a mudanza.

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en UN SAÚDO

COLABORACIÓN CON CARLOS SILVA

Imaxe de Carlos Silva

O meu poema:

Apodrecín con el-arrastroume polos corredores coma nun melodrama barato e cursi. Díxome cousas terríbeis que me asustaron. Me rompieron el cuerpo de niña con esas ganzúas de animal eléctrico: me pisaron el corazón con un martillo.

Reseña de Armando Requeixo, sobre o artista portugués, na súa páxina: CRITICALIA. A reseña titúlase: ARTE INCOMUNIDADA, ARTE MAIOR(se non funciona o link, podedes buscalo en google) http://armandorequeixo.blogaliza.org/2011/05/31/arte-incomunidada-arte-maior/

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en COLABORACIÓN CON CARLOS SILVA

Ademais da miña Dark Butterfly, de Xina Vega, teño pendente a segunda novela de Begonha Caamaño: Morgana en Esmelle.

Morgana en Esmelle
Caamaño, Begoña

Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea

Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle. Na novela de Begoña Caamaño, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade.

Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos.

Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?

http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010080308.

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en

Le bel au bois dormant

Cadro de María Gallardo

Despois-o ruído nas trandeiras: a inxenua revolución das sabas no vento: un tout petit bruit à cet infini quotidien issu de la paresse: le monstre dort. Definitivamente lo hemos pinchado con la aguja. Pero é un estado temporal. Cómpre estar atentas-por se esperta…

A gorgona-leu Baby-entrou na morada dos deuses-tan fieros ellos-tan orgullosos. Levou con ela o martelo de Thor e a preciosa flor do Saguaru. Tamén un libro. Sobre como foi artellada a mesquindade. Disque era un tratado a propósito das bestas ocultas. Escrito con terror. Capítulo primeiro-por exemplo: como los dioses perforan a las muchachas, les abren la cabeza y las ponen a su servicio. Páxinas e páxinas que serviron para nos facer sempre devotas de algo. (…) Esteno profanou entón o templo sagrado. Les gritó que se habían convertido en los hijos de la muerte-pero ellos ni se inmutaron.”

(O trallazo-crepuscular ou non-é un paso cara a autarquía.
Se esta non se produce por cuestións meramente estéticas-isto é-anticipadamente e sen sentir-estaremos máis preto da liberdade. This is the question for women of world.)

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en Le bel au bois dormant

trallazos

TRALLAZOS

Pum nena pum. Esa é a música que nos separa-daddy. A do principio. O pum pum da criatura humana. Colgada do aire.

****

Unha leve e sutil caricia no esparto bastaría para comprendelo.
Pero tu dime-y sin temor:cuántas muertes nacen en ti?

****

A pesar do ruído-permaneces así: en éxtase. Nada perturba a intimidade secreta…
O sol morre a túa beira. Y te separas. Y mueres.

****

Foi unha escisión-unha distancia irreparábel. Un murmurio xordo.

****

Agora-as paredes inchan todo de ausencia. E -a verdade- non me sorprende. Sempre me pareceu que a dor é un cristal que rompe as costuras de dentro das casas facendo un túnel entre o salón e a tráquea. Neste caso o meteorito foi un trallazo no hipotálamo.

Así é que eu -vástaga de bronce e zucre- entrei nesa grota grande e cheguei ao noso canón do Sil-en Colorado.
Dalgún xeito perdín a idea muscular de vivir.

****

E teño -por iso- grandes dificultades de supervivencia. É certo. Aceptar o teu esquema esquelético e ser contigo piel roja é unha operación complicada-daddy. Tal vez por esa razón te busco y te busco porque anhelo la explosión: o trallazo na memoria. Quero desinchar as paredes. Colocar a bomba no túnel. Romper todo.

Mais rien ne casse plus car nous avions un contrat d’amour inexplicable. Une forteresse.

****

Do noso contrato-quédome co campo -e- principalmente- con esa elástica compostura da herba. El desvanecimiento violeta de algunas flores tibias lo quiero también para mi. Igualmente farei meu o rebumbio de estalotes marcándome o paso: pum nena pum. Pum pum.

****
****

Mátame esta angustia. Non é melancolía. É un terror denso e abdominal: une grosse émotion à l’intérieur. Xusto no estómago da pobreza.

Vivo pois un éxodo brutal coa absurda pretensión de atravesar o Nilo en canoa. Quero pasar do Courel a Novoneyra e volver aquí-ao centro. Ler a Keats en silencio e respirar

Fareino porque non teño pensado aceptar que somos un pum pum que se desfai entre os dedos-que sucumbe aos golpes do vencello dalgúns bárbaros inertes.

****
****

Creo que Dylan Thomas consideraba a poesía algo orgánico. Talvez por iso a sentiu como un vergallo no centro da cabeza pois é aí onde habita o criterio desorganizado. Más inclinado a caer que a levantarse-o maldito entre os malditos cubriu de esparto as palabras. Foi un titán moi bárbaro nas tabernas.

A creación poética esquematízase así-nun pensamento orxíastico-a pesar da distorsión da linguaxe e das súas particulares trampas.

Por iso-o segredo mellor gardado dos poetas radica no tránsito dos particulares asuntos á expresión exacta. Malia todo-o máis probábel é que non exista camiño algún. Unicamente unha negrísima poza azul celeste. Todas as grandes zorras masculinas da historia viven aí. Definitivamente temos que berralo.

****
****

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en trallazos